top of page

Deteñen a un home en As Meáns acusado de ameazar e cometer roubos

25 ago 2022
1 min de lectura

Actualizado: 26 ago 2022

Ampliación proximamente


Esta tarde comezou en Bueu coa detención, por parte da Garda Civil, dunha persoa de 24 anos de idade (J.J.G) acusada de cometer varios delitos como roubos e ameazas á veciñanza en diversas ocasións. O arresto tivo lugar a primeira hora da tarde na zona de As Meáns, ao mesmo tempo que se producía unha concentración da veciñanza para dar a coñecer a situación que estaban vivindo e que chegou a cortar o tráfico en varios momentos da estrada PO-551, producindo retencións.







Efectivos da Policía Local e da Garda Civil levaban mobilizados desde ás 13.00 horas no punto para deter a J.J.G, que tiña diversas ordes de arresto. A veciñanza levaba concentrada tamén desde o mediodía para denunciar a súa preocupación pola inseguridade que o individuo estaba a xerar no lugar ao berro de "fóra de Bueu, ladrón" ou "os xitanos non son malos". Nalgúns momentos, os concentrados chegaron a cortar o tráfico da estrada PO-551, ocasionando retencións en ambas direccións e tendo que ser redirixido o tráfico en dirección á rúa Montero Ríos.





O acusado atopábase no interior do edificio no que vivía e tamén se mobilizaron aos bombeiros. Finalmente, tras máis dunha hora, J.J.G foi detido e trasladado no vehículo da Garda Civil en dirección ao Xulgado de Marín. Tras isto, os veciños, que no momento da detención aplaudiron o arresto, abandonaron o lugar.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page