O CEIP Montemogos reivindica a paz ante a guerra
O Parque Joe Novas, en Beluso, acolleu esta mañá un emotivo acto organizado polo CEIP Plurilingüe Montemogos para protestar contra guerra e a favor da paz. A actividade empezou cunha pegada de mensaxes relacionadas coa paz nun mural coa bandeira de Ucraína, no que participaron os alumnos e alumnas do centro, o profesorado e as familias. Tamén asistiu a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo.

O acto continuou coa lectura dun manifesto e dun poema de Celso Emilio Ferreiro, polos nenos e nenas de sexto de primaria. Finalmente, a actividade pechouse co canto conxunto da canción "Los niños queremos la paz.






Comentarios