top of page

O Concello inicia a renovación dos xogos do parque da Barraca en Cela

29 mar 2022
1 min de lectura

Actualizado: 30 mar 2022

A brigada de obras e servizos limpa e roza lugares como o parque da Chadiza, a contorna do lavadoiro da Portela ou os areais


O Concello vén de informar do comezo esta semana da renovación dos xogos deteriorados no parque da Barraca, en Cela. Segundo destaca o alcalde e encargado da área de obras e servizos, Félix Juncal, unha empresa especializada está revisando o estado das máquinas lúdicas para avaliar as que é necesario reparar e cales haberá que substituír. Esta actuación inclúese dentro do plan de mantemento dos espazos públicos municipais das parroquias, que irá realizando máis revisións.


Estado actual no que se atopa o parque da Barraca, en Cela. Imaxe: Concello.

Este plan continuará de maneira interrompida durante as vindeiras semanas e ante a chegada da Semana Santa e o verán. O persoal da brigada de obras e servizos traballa actualmente na limpeza da contorna do lavadoiro da Portela. Nesta liña, tamén se iniciou a limpeza e roza de accesos a algunhas praias, así como de parques como o da Chadiza.


Visita aos traballos do lavadoiro da Portela. Imaxe: Concello.

O rexedor adianta que este xoves está programada unha limpeza mecanizada dos areais urbanos. Por outra parte, a brigada de xardinería, está preparando espazos nos que se plantarán flores ornamentais a vindeira semana, momento no que tamén empezarán os traballos de baldeo e decapeado dos espazos urbanos. Estes últimos realizaranse cunha máquina propia adquirida polo Concello, co obxectivo de incrementar as zonas.



 
 
 

Comentarios


bottom of page