top of page

O Concello promove a humanización e a rexeneración urbana da zona da Canceliña e As Meáns

3 jul 2022
1 min de lectura

A humanización e a ampliación de espazos de convivencia terá continuidade en Bueu. O Concello vén de encargar a redacción dun proxecto a unha empresa especializada para a rexeneración urbana e a humanización das zonas da Canceliña e As Meáns, cuxa memoria avanza a prioridade do tránsito peonil. O proxecto será levado á convocatoria de axudas da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo potenciar a mobilidade alternativa peonil e ciclista, para unha maior seguridade cidadá.


O alcalde da vila, Félix Juncal, e o concelleiro de Urbanismo, Martín Villanueva, avanzan que esta actuación ampliará as beirarrúas para o tránsito de peóns. "Así mesmo pretendemos mellor a comunicación peonil con seguridade entre a Avenida de Marín e a Avenida Loureiro" , explican.


Zona onde se actuará. Imaxe: Concello.

Na memoria inicial deste proxecto inclúese a ordenación do tráfico rodado e a prioridade do tránsito peonil. Será grazas a cambios no pavimento e á reforma da sinalización horizontal e vertical. Tamén se propón ampliar a praza triangular ao comezo da actuación na Avenida de Marín, xerar zonas de estancia nos nodos así como o deseño da plataforma única nos espazos máis estreitos, cunha restrición na velocidade dos vehículos a 10 quilómetros por hora. "A idea é que existan cada vez máis espazos para persoas e para compartir con tranquilidade", indican Juncal e Villanueva.


A actuación, de forma similar á executada na rúa A Pedra, procurará a integración e a sostibilidade co espazo, levando a cabo unha revitalización do ecosistema urbano. Esta rexeneración tamén se insire nas liñas de actuación marcadas polo Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS) e polo Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía (PACES).

Comentarios


bottom of page