top of page

O Concello recoñece este sábado á científica bueuesa Isabel Pastoriza Santos

25 mar 2022
1 min de lectura

O venres proxéctase o filme "O retorno: a vida despois do ISIS"


A programación do Día da Muller remata este sábado cunha homenaxe ao labor da científica Isabel Pastoriza Santos. O acto será o sábado ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e a investigadora recibirá un agasallo institucional.


Isabel Pastoriza vén tamén de ser galardoada co Premio á Excelencia Investigadora 2021, outorgado pola Real Sociedad Española de Química. Xunto aos demais integrantes do seu grupo de investigación da UVigo, a científica bueuesa traballa en diversos proxectos que teñen en común o deseño e fabricación de nanomateriais funcionais para o desenvolvemento de sensores ultrasensibles que poden ser empregados na nanomedicina ou no eido ambiental.



Venres de cinema

Un día antes, a veciñanza poderá gozar dun novo pase audiovisual tamén dentro desta programación. Xunto ao Cineclub Bueu, o Centro Social do Mar acolle o venres, ás 21.00 horas, a proxección do documental "O retorno: a vida despois do ISIS".




O filme de Alba Sotorra céntrase no campo de Al-Roj no noroeste de Siria, amosando a dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. O prezo da entrada é de dous euros para as persoas socias e catro euros para as non socias. Nesta ocasión, a recadación estará integramente destinada ao Comité Internacional de la Cruz Roja, para colaborar co seu labor en Ucraína.

Comentarios


bottom of page