top of page

O cámping de Ons, candidato a uns premios europeos de turismo sostible

O cámping de Ons vén de ser elixido como candidato aos Star Awards 2022, uns premios europeos de turismo que recoñecen a sostibilidade de empresas turísticas así como a protección do patrimonio natural e cultural.


Os galardóns son entregados pola Federación EUROPARC, que reúne institucións de 39 países dedicadas á xestión de áreas protexidas así como á defensa da natureza.


O motivo da candidatura ten orixe na Carta Europea de Turismo Sostible (CETS),unha acreditación europea outorgada por EUROPARC, e que cataloga o cámping de Ons como o primeiro cámpig autosostible de Galicia, aplicando os principios deste tipo de turismo.


Unha imaxe do cámping da Illa de Ons.

O cámping de Ons, que xa conta co selo "S" de Sostibilidade Turística, pechou temporalmente ás súas portas coa fin do verán, pero xa ten en mente a súa próxima apertura durante a Semana Santa.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page