top of page

O Estaleiro de Purro estrea musealización

30 ago 2022
1 min de lectura

A segunda fase do Estaleiro de Purro, cuxas obras de rehabilitación e musealización culminaron este verán, xa ten data de inauguración. Será este venres a partir das 20 horas, nun acto que contará co presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Precisamente, este organismo permitiu contar cos fondos necesarios para o financiamento da actuación.


Desde o Concello de Bueu queren celebrar a inauguración dun dos símbolos da orixe mariñeira da vila, derradeira carpintaría de ribeira en activo e onde se construíron múltiples embarcacións tradicionais. A súa presenza converteuse nun elemento da paisaxe da vila, actuando á vez como referente da cultura mariñeira e vinculando á sociedade co seu pasado.



A recuperación do Estaleiro de Purro materializouse en dúas fases, ambas financiadas pola Deputación de Pontevedra cun investimento total de arredor de 300.000 euros. Nesta última intervención, levouse a cabo o traslado de embarcacións tradicionais, máquinas, pezas e ferramentas así como a recuperación do foso da serra de cinta.


O alcalde, Félix Juncal, destaca "o esforzo que realiza o Concello para manter a vinculación entre a recuperación ambiental dos recursos naturais coa posta en valor do patrimonio cultural".

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page