top of page

O pleno de Bueu mostra o seu apoio ás demandas das familias do "Villa de Pitanxo"

5 abr 2022
1 min de lectura

Ademais da orde do día, o pleno aprobou onte por unanimidade de todos os grupos políticos tres mocións presentadas pola vía de urxencia. A primeira delas amosa o respaldo ás familias do "Villa de Pitanxo", que reclaman que o goberno estatal cumpra os seus compromisos e poña en marcha unha operación de traballo subacuático para localizar o pecio do buque.


Os familiares concentráronse o pasado domingo en Marín baixo o lema "Búsqueda, verdad y justicia", que resume as súas demandas. Insisten na importancia de descender ao pecio para elaborar un traballo fotográfico e audiovisual, así como da zona exterior para verificar a localización de corpos dos tripulantes desaparecidos. Consideran que tamén é fundamental para a investigación do sucedido, así como para futuros acontecementos deste tipo.



Un momento do pleno celebrado onte no Centro Social do Mar. Imaxe: Concello.


Condena á invasión rusa

A corporación tamén aprobou por unanimidade unha declaración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para instar ao goberno español a recapitular sobre o cambio de postura sobre o Sáhara Occidental e avalar o referendo de autodeterminación por ambas partes.


En último lugar, o pleno condenou a invasión rusa sobre Ucraína á vez que amosou o seu rexeitamento a todas as guerras do mundo, defendendo os procesos de negociación.


Comentarios


bottom of page