top of page

O PP critica "a falta de coidado do goberno local" coa auga polos baldeos da fin de semana

29 jul 2022
1 min de lectura

A situación por prealerta por escaseza de agua entra tamén no foco do grupo municipal do PP. A súa voceira, Elena Estévez, esixe respostas pola xestión da auga levada a cabo polo goberno local. Refírese Estévez aos baldeos efectuados o pasado domingo na pista da Banda do Río, días despois de que a Xunta declarase a prealerta por escaseza de auga nas vilas da conca do Lérez, entre as que se atopa Bueu. "Cando xa se coñecía a situación e os concellos veciños tomaban medidas, Bueu baldeaba espazos públicos" , indica a popular.


Baldeo durante a fin de semana na pista da Banda do Río. Imaxe: PP.

A voceira fai mención á situación das duchas dos areais. "Verten agua continuamente e desde o PP insistimos en diferentes ocasións en realizar tarefas de mantemento nos areais para aforrar recursos", explica Estévez, que tamén alude ao baleirado da piscina municipal ou ao funcionamento dos aspersores dos xardíns. "Dous días despois de desperdiciar miles de litros de auga veulle á pedir á veciñanza que apretase o cinto co consumo de auga" engade, referíndose ao bando publicado o martes.


Deste xeito, Estévez pon en dúbida "o compromiso do goberno local nun asunto tan serio, pídeselles aos veciños nun bando que se minimice o rego de xardíns axustando o consumo todo o posible, pero o logo o Concello é o primeiro que non o fai". Así, desde o PP solicitan ao rexedor bueués "que deixe de mirar para outro lado" e "actúe en consecuencia coa situación na que estamos".

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page