top of page

O presidente da Xunta acudiu á entrega de premios da concentración de motos

13 jun 2022
1 min de lectura

A concentración de motos de Bueu é unha cita marcada no calendario para os apaixonados polas dúas rodas. O seu regreso trala pandemia afianzou a súa importancia, logrando congregar a máis de mil persoas en Bueu. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu tamén o domingo para participar na entrega de premios desta novena edición, xunto a membros da corporación municipal bueuesa e da organización do evento.




Durante o sábado e o domingo, a concentración foi escenario de exhibicións a cargo de especialistas, rutas e concertos musicais, que deixaron patente a súa importancia para os afeccionados ás motos de toda Galicia.


Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page