top of page

O programa "Tornar ás Táboas" achega o teatro á vila este outono

16 sept 2022
1 min de lectura

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar esta mañá o regreso do programa "Tornar ás Táboas", que organizará funcións teatrais este outono en 47 municipios da provincia. Un deles é Bueu, onde está programada a función teatral "Un home con lentes de pasta".


O espectáculo teatral será o vindeiro 10 de novembro no Centro Social do Mar e da man da compañía galega Redrum Teatro. "Un home con lentes de pasta" é unha comedida estreada no 2010 en Barcelona e que conta con galardóns como o de mellor espectáculo nos Premios Time Out.


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a presentación de "Tornar ás Táboas" esta mañá. Imaxe: Depo.

O proxecto "Tornar ás Táboas" persegue reactivar a escena teatral e achegala aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Este ano o orzamento ampliouse e pasa dos 80.000 aos 126.000 euros, co obxectivo de incrementar o número de funcións e consolidar o programa en todo o territorio. "Os pequenos concellos teñen máis dificultades para ter teatro e nós queremos democratizar a cultura, ten que chegar a todos eles", indicou esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page