Opinión | Fe de erratas
Por Daniel Chapela, veciño de Bueu e coordinador de cultura do PPdeG
Hai apenas uns días, o Concello de Bueu emitía unha nota de prensa na que se recollía, entre outras cousas, a “satisfacción” do concelleiro de Bibliotecas de Bueu, Alberto Moital, en relación ao II Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia. En dita mensaxe, realizábase unha autoparabenización pola situación das bibliotecas de Bueu sen asumir, nin no fondo nin na forma, as críticas que ese documento tamén contén.
Dese xeito, cómpre ler estes datos con luz e taquígrafos para poder ofrecer unha valoración clara e acertada e, así, facer a correspondente diagnose, permitindo tomar as medidas necesarias para corrixir as eivas do servizo. Bueu ten 3 bibliotecas municipais, pero estas carecen das actividades culturais que, como vila de 11.950 habitantes, debemos ter en base aos criterios marcados no Mapa. Aínda que a cifra “adecuada” é de 60 actividades ao ano –unha actividade á semana nunha das tres bibliotecas–, Bueu só ten 29, o que representa menos da metade das necesarias. Ademais, tal e como subliñan os datos de compararmos os anos 2015 e 2019, a veciñanza de Bueu asistiu á perda dun 10% do investimento nas bibliotecas, a unha caída do 44,5% dos préstamos e do 34% dos prestatarios.
Atopámonos, pois, ante unha situación claramente delicada que esixe de medidas claras e decididas. Non abonda con reformas de edificios se non cambian as políticas culturais do día a día, nin chegan as palabras bonitas e as delegacións específicas (habemos ser un dos poucos concellos españois con “concelleiro de bibliotecas”) se non se conta con recursos suficientes para impulsar iniciativas. Todo se reduce a cartos, ideas e vontade, e en Bueu carecemos, cando menos, dos primeiros e da terceira.
Sen ir máis lonxe, levamos anos sen campañas reais específicas de captación de lectores, nin se realizan practicamente iniciativas para achegarlle á rapazada a lectura. Actualmente, os escolares manteñen contacto cos libros e coas bibliotecas grazas ao traballo dos centros educativos. Porén, a falta de recursos económicos e de persoal por parte do goberno local dificulta que as bibliotecas da vila de Bueu poidan desenvolver un traballo que permita atraer boa parte deses pequenos lectores.
Non semella unha cuestión casual, senón a falta de vontade por ofrecer un servizo atractivo e de calidade, cun catálogo actualizado e de interese. Esta cuestión ten de por si unha gran dificultade: hoxe en día o Concello tan só inviste, segundo os orzamentos, 3.500 euros en compra de libros, revistas e prensa entre as tres bibliotecas, mentres que a Xunta de Galicia supera os 6.000 euros en libros.
Esa é a realidade. Non existe satisfacción posible ollándoa, Alberto.





Hahahahahahahahahahahahahahahahahahahahahahhahahahahahahahahhahahahahaha Encántame a demagoxia coa que escribe este personaxe creado a partir da ansia de gabear polo poder tan só para o seu propio interese e autolaudatio.
De facer unha lectura fidedigna dos datos comparativa e realista, cumpriría colocar esta idea na visión macro da situación político-económica. É dicir, que propostas REAIS ten este señor como ”delegado cultural” non só para Bueu (que con tanto afán critica), senón a nivel galego?
Acaso a política cultural do PP foi nalgún momento máis efectiva a este respecto? Permítome responder que non sen necesidade de números, pois a evidencia fala por si mesma: en calquera concello gobernado por este partido, no tempo en que este partido gobernou Bueu e, sobre todo, nas políticas…