top of page

Rescatan con vida a dous tripulantes dunha dorna que sufriu unha vía de auga

28 may 2022
1 min de lectura

Tal e como vén de informar a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), un helicóptero de Salvamento Marítimo rescatou con vida a dúas persoas dunha embarcación de recreo, que se estaba afundindo entre Cabo Udra e Bueu tras sufrir unha vía de auga. Os tripulantes, con síntomas de hipotermia, foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.


O helicóptero Pesca 1 na zona de rescate. Imaxe: Salvamento Marítimo.

Un dos propios tripulantes foi o que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda arredor das 6.00 horas da mañá. Indicaba que eran dúas persoas e que se atopaban na auga, trala vía de auga da embarcación. Cos datos, desde o 112 Galicia informouse da situación a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou rapidamente un helicóptero e unha embarcación para socorrer aos tripulantes. Os feitos tamén se puxeron en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 así como a axentes da Garda Civil e da Policía Local.


A dorna tras ser remolcada a porto. Imaxe: Salvamento Marítimo.


Finalmente, o persoal de Salvamento confirmou o rescate dos dous tripulantes e o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page