Un caldeirón gris na contorna de Ons
A illa de Ons non deixa de ser un dos lugares máis sorprendentes para visitar este verán. Esta tarde, nunha das viaxes ofrecidas pola navieira Piratas de Nabia á illa, a tripulación avistou un cetáceo, que rapidamente chamou a atención de todos os pasaxeiros. Trátase dun caldeirón gris (Grampus griseus), tal e como indican desde o Bottlenose Dolphin Research Institue (BDRI), un centro dedicado á investigación e conservación de mamíferos e aves mariñas.
Desde o BDRI indican que se trata dunha especie de delfín que frecuentemente visita as nosas augas. Os exemplares adultos adquiren coa idade unha cor branca debido ás cicatrices que van adquirindo na pel.




Comentarios