top of page

Un veciño de 79 anos falece tras sufrir un infarto na rúa

30 jun 2022
1 min de lectura

Un veciño de Bueu de 79 anos faleceu a última hora desta tarde tras sufrir un infarto cando se atopaba na vía pública, concretamente na intersección entre as rúas Eduardo Vincenti e Pazos Fontenla.

A Policía Local recibiu unha chamada preto das 21.00 horas na que outras persoas que se atopaban na rúa advertiron de suceso. Ata o lugar trasladáronse efectivos da Policía Local e a ambulancia do 061 tras recoller ao médico no centro de saúde. Aínda que se lle practicaron as manobras de reanimación, a última hora da tarde certificouse a súa morte. O dispositivo tamén mobilizou ao helicóptero do 061.


Policía Local e ambulancia 061 no lugar tralo suceso.

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page