top of page

O C.D Beluso organiza un campus de verán con actividades para rapazada de 4 a 15 anos

6 jun 2022
1 min de lectura

A Cultural Deportiva Beluso presenta para este verán un proxecto renovado para a rapazada que terá lugar do 4 ao 22 de xullo e do 1 ao 19 de agosto. Neste campus de verán, que se desenvolverá de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, a cativada poderá gozar de diversas actividades como sendeirismo, saídas á praia ou torneos de deportes en equipo que van máis alá do fútbol, como por exemplo a cachiza.




As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 15 anos, organizadas por monitores titulados e con experiencia previa. A inscrición inclúe tamén unha merenda a media mañá e un regalo dunha camiseta e dun pantalón personalizado.



Este campus de verán conta con prazas limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do 697308436 (Brais), o 610967271 (Aarón) e 629867077 (Ángel). Os prezos para un rapaz ou rapaza dependen do tempo de asistencia, para un mes é de 85 euros e para os dous de 150 euros. Ademais, tamén contan con importes especiais para irmáns, por un mes en 150 euros e para os dous meses 290 euros.

Comentarios


bottom of page