top of page

O PP denuncia o "deterioro dos espazos públicos" e solicita desbroces

2 ago 2022
1 min de lectura

O grupo municipal do PP vén de poñer o foco no "deterioro dos espazos públicos por culpa do crecemento das malas herbas". O edil Suso Piedras pon como exemplo as beirarrúas do polígono de Castiñeiras, que considera "intransitables, con maleza de máis de 80 centímetros de alto". Desde o PP apuntan a que "non é un feito excepcional" e solicitan o desbroce á vez que instan ao goberno local a "preocuparse por manter os espazos transitables.


O concelleiro popular Suso Piedras nas beirarrúas do polígono de Castiñeiras. Imaxe: PP.

Piedras acusa ao goberno local "de deixar que as parroquias estean a monte, sen prestar servizos mínimos" e considera que para o alcalde "existen veciños de primeira e de terceira". O popular relaciona a situación con que "non teñamos un plan de mantemento acorde coas necesidades da vila que se desenvolva de xeito racional e planificado" e estima de "erro" que o alcalde teña as competencias en Obras e Servizos.


Revisión da rede semafórica da vila

Noutra liña, o PP reitera a "necesidade dunha revisión de toda a rede semafórica de Bueu" por parte do Concello e da Xunta de Galicia. Piedras apunta a que "algunhas das luces indicadores son moi inapreciables durante o día", poñendo como exemplo os semáforos da intersección da Avenida de Marín coa Rúa Pazos Fontenla, nos que "só funciona a luz vermella".


O popular solicita así que o Concello se poña en contacto coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a súa revisión e reparación. "É un grave perigo para a seguridade de condutores e viandantes nun cruce tan transitado, que é unha das portas de entrada á vila, haxa un semáforo avariado", concluíu.

Comentarios


bottom of page