Teatro e cinema continúan coa programación do Día da Muller
A programación do Día Internacional das Mulleres continúa esta fin de semana para seguir reivindicando unha sociedade igualitaria. Ademais da homenaxe esta tarde a Aurita Reiriz, mañá sábado o Centro Social do Mar acollerá dúas novas actividades. Ás 18 horas está prevista a obra infantil "Conversas con Tana" e ás 20 horas a proxección do filme "Hive", coa colaboración do Cineclub Bueu.
A representación teatral "Conversas con Tana" está dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos e narra a historia dun granxeiro e a súa cadeliña Tana. A través dunha divertida conversa, reflexionan sobre cuestións relacionadas coa igualdade de xénero ou respecto polo medio ambiente, entre outras.
Por outra parte, a película "Hive" céntrase nunha vila moi unida de Kosovo, na que as familias loitan por chegar a fin de mes, ansiosas por recibir noticias dos mardios, pais e fillos que foron á guerra.
Estas dúas actividades terán entrada de balde ata completar o aforo e teñen como obxectivo achegar a reflexión feminista a diversos sectores da sociedade.





Comentarios